principal presentación infravivenda asilo feáns prensa enlaces contacto

Asilo de Adelaida Muro.

Programa: A Tropa da tralla. Presentan Xurxo Souto e Sofía de Labañou.
25 de setembro de 1999. 13.30 horas. Entrevista en Radio Coruña - Cadena SER.


xurxo souto: ... constante degradación ambiental, a esas constantes manobras especulativas que siguen sucedendo na nosa urbe. en fin, quero presentarlles a un novo colectivo chamado rua, nome fecundo que ademáis é siglas, ou acrósticos, de recuperación... de colectivo de recuperación urbana e ambiental. temos con nós a tres dos seus compoñentes, a pepe, bos días, benvido á tropa da tralla...

pepe novo: bos días.

xurxo souto: ... a miguel e a joaquín, bos días. pois diante de todo contádenos, qué é este colectivo rua.

miguel reimúndez: é un colectivo que nasce en pascua co obxetivo de facer evidentes para a poboación da cidade moitos problemas que están a xurdir dende hai dez anos, na cidade vella e na pescaría, sobre todo, de degradación urbana, de destrucción de patrimonio, de expulsión... sobre todo é un problema social... de expulsión de veciños da zona centro da cidade pra implantar vivendas de luxo, e un pouco facer conscientes ós habitantes da cidade do problema que está pasando.

xurxo souto: pero, miguel, a coruña é todo o contrario, a coruña é unha cidade fermosísima, todo está ben, e vemos constantemente nas guías turísticas que é unha cidade fermosa, que está chea de novas obras, qué dis que hai problemas?

miguel reimúndez: hai problemas porque hai un proxecto de cidade en contra da meirande parte dos seus cidadáns, e que está artellado arredor dunha serie de empresas inmobiliarias que están facendo o seu agosto, e ca complicidade absoluta do concello.

xurxo souto: pepe, quén compón este colectivo rua?

pepe novo: pois mira, somos xente interesada no medio ambiente urbano, adicámonos a traballar, a sacar á luz os problemas que detectamos, e o que queremos é concienciar á poboación de que se queren ter algún control sobre a calidade do medio no que habitan teñen que participar, controlar ó poder, que nesta cidade é moitísimo e está nunhas mans soas; básicamente esa é a nosa preocupación. pero de todos modos hoxe queríamos falar do tema do asilo de anciáns, máis que da pescaría e a cidade vella ...

xurxo souto: entramos no tema, porque quería decir joaquín algo máis.

joaquín saurin: quería decir una cosa, que no sólo queremos concienciar a la población, porque digamos que hay sectores de la población muy concienciados de lo que ocurre, y o no se mueven, o se mueven para que siga ocurriendo. queremos concienciar a la población para que se muevan en contra de lo que está ocurriendo, ese es nuestro objetivo último.

xurxo souto: para integrarse neste coletivo rua, qué hai que facer?

joaquín saurin: llamarnos.

xurxo souto: e qué ubicación tedes?

joaquín saurin: y trabajar.

xurxo souto: e traballar. a ver, decíde diante... e logo repetiremos, un número de teléfono, número de comunicación.

miguel reimúndez: o seis dez...

xurxo souto: seis dez...

miguel reimúndez: noventa e oito...

xurxo souto: noventa e oito...

miguel reimúndez: vintesete...

xurxo souto: vintesete...

miguel reimúndez: trinta e sete.

xurxo souto: bueno, apuntamos iste teléfono e comezamos falar xa das vosas acciós puntuáis. colectivo rua, seis dez nove oito vintesete trinta e tres. primeira acción...

miguel reimúndez: trinta e sete.

xurxo souto: ah, perdón, volvo a repetir, seis dez...

miguel reimúndez: noventa e oito...

xurxo souto: noventa e oito...

miguel reimúndez: vintesete...

xurxo souto: si...

miguel reimúndez: trinta e sete.

xurxo souto: trinta e sete, disculpa. tamén temos unha dirección, pero imos falar xa da cuestión puntual: primeira acción, ou acción que vos está levando a idea estes días.

pepe novo: temos diante de nós...

xurxo souto: fala pepe.

pepe novo: ... diante de nós unha estafa que consiste en que o asilo que hoxe hai en adelaida muro vai ser derribado coa excusa de trasladalo a eirís, e dahí van sair uns beneficios moi grandes e a consecuencia principal é que se deixa ó barrio sen a dotación e se causan perxuícios urbanísticos porque se meten máis vivendas. entón se queres empezamos falando da orixe do edificio...

xurxo souto: si, en primeiro lugar quería ubicalo: este asilo, para a xente que non o coñeza...

pepe novo: no pico inferior do campo de marte empeza a rúa adelaida muro, que vai cara á domus. no inicio da rúa está o asilo.

xurxo souto: e podemos decilo á inversa: a xente que vai, que se achega ó paseo marítimo
pepe novo ó trip maría pita

xurxo souto: polo paseo marítimo ó trip maría pita, ve que de súpeto...

pepe novo: á dereita do trip.

xurxo souto: unhas galerías fermosísimas e... e fermosas. bueno, fálanos da orixe deste edificio, en primeiro lugar.

pepe novo: pois mira, foi unha doazón de filántropos coruñeses, entre os que destacan adelaida muro, que lle dou o nome á rua, que antes chamábase das hermanitas... bueno, inda antes foi vereda de monte alto... pero bueno, déuselle o nome en honra a ela. juan de ciórraga, que foi o que regalóu os terreos, fixo o edificio e puxo o seu traballo de deseño e de dirección de obra, sen cobrar nada. hai moitos máis...

xurxo souto: o famoso arquitecto municipal, que tíñamos aquí un debate sobre cómo era a orixe do apelido, non? decías, joaquín, que era un apelido vasco...

joaquín saurin: sí, apellido vasco.

xurxo souto: ciórraga.

joaquín saurin: ciórraga.

pepe novo: el era alavés, pero era un dos responsables de que hoxe se coñeza á coruña como a cidade das galerías.

xurxo souto: e que ten moitísimas obras na cidade.

pepe novo: ten, ten, sí. na rúa panadeiras, por exemplo, ten unha, que había alí una pastelería vella que hoxe xa non existe, una estreitiña, fermosa. bueno, seguimos...

xurxo souto: esa fermosísima... ti falabas das galerías... só vou un pouquiño lento por ubicar ben, porque hai moita xente que non... que ainda nen sequera sabe ben onde está o edificio. falabas deste arquitecto como responsable das famosas galerías, e unha das espresiós maiores das galerías están alí, xusto na parte traseira.

pepe novo: pois si, e o edificio ten agora cento dous anos, esas galerías digamos que son a interpretación culta que ciórraga fai da da longa tradición artesanal da carpintería de ribeira e todo eso.

miguel reimúndez: é importante que a xente que esté escoitando o programa acuda, dando un paseo, a ver esas galerías e tome conciencia do que se está intentando facer.

pepe novo: e que pida permiso a sor marina casero, que é a nai superiora, para que lle enseñe o estado en que se encontra o edificio.

xurxo souto: ben, pois continuamos: entonces que sucedéu con ese edificio histórico, importante, que foi esa cesión dunha serie de filántropos da cidade prá xente maior.

pepe novo: este edificio tiña recoñecido... no plan xeral anterior, estaba protexido no catálogo, e tiña recoñecidos valores arquitectónicos, urbanos e artísticos. de tódo-los xeitos cada un que vaia e vexa, non queremos falar deso aquí, hai un plano moito máis importante, que é o plano social, que é o prexuízo peor que se nos causa, e... bueno, creo que miguel vai falar diso.

xurxo souto: si, porque digamos que nestas cidades, nas nosas cidades, cidades donde vive moita xente concentrada, precisamente esa serie de servicios, como son a atención á xente maior, non están o suficientemente ben dotados, e o que ocurre aquí é que había un servicio xa ubicado, duascentas plazas que desaparecen desta zona pra ir a outro lugar. fálanos un pouco, miguel.

miguel reimúndez: como ben dis, hai máis un problema xeral de desprecio cara á xente maior, que éste é un caso, aparte de connotacións especulativas do terreo, é un caso sangrante de expulsión de xente maior do centro da cidade cara ó monte, prácticamente, en eirís. con todos os respetos para eirís...

xurxo souto: eirís é un lugar maravilloso...

miguel reimúndez: ... é maravilloso, pero supón que a xente perda contacto co seu entorno, no que sempre vivíu, que os familiares teñan problemas pra visitalos, que non poidan ter relación cos seus amigos de sempre, que non poidan dar paseos polo entorno, no centro da cidade. é pasar dunha situación privilexiada para esta xente maior, que ten as súas necesidades, a unha situación completamente marxinal, para construir no seu sitio vivendas de luxo, que é o que está programado construir.

xurxo souto: vivendas de luxo, outra vez o poder dos cartos, esa acción filantrópica de hai un tempo, que ahora queda ubicada nunha zona con maior interés para os constructores. bueno, en todo caso vós... que é o que ten que quedar claro, vós non estades en contra de que se constrúa un asilo en en eirís.

pepe novo: para nada.

joaquín saurin: en eirís hay que construir un asilo... la cuestión es que las necesidades... si seguimos los patrones que establece la organización mundial de la salud, en la coruña hace falta el doble de plazas de residencias de tercera edad de las que tenemos ahora. más del doble. entonces en eirís hay que construir otro asilo, probablemente, y más. otros asilos de doscientas plazas, hasta completar otras mil quinientas. entonces, en eirís habrá que construir un asilo, pero lo que no puede ser es tomar eso como excusa para llevarnos el único asilo que hay en monte alto, que no es que... tiene más valor todavía que ser el asilo de monte alto, es que en monte alto apenas hay dotaciones sociales para los habitantes. o sea, tenemos una domus, que... bueno, se podría prescindir de ella, y una casita para peces, y al final nos vamos a quedar sin casita para viejos.

xurxo souto: palabras duras, pero que son a descripción da realidade, un barrio que progresivamente... tamén é o que sucede sempre quizá en toda cidade, vai perdendo uns territorios de uso social simplemente prá construcción de vivendas de luxo. esto é un proceso que ven de atrás.

pepe novo: sí, ven de atrás. queríamos dar cifras en concreto das vivendas. se nos atemos ás limitaciós da lei do solo, van poder construir como moito noventa, pero son moitas. sería a densidade máxima que permite, que ven resultar cen vivendas por hectárea. o sea, que ven engadir problemas ó barrio, que ten unha gravísima densificación no novo plan, que vai duplicar a súa poboación se se constrúe todo o que deixa construir, e dahí van sair uns beneficios. en principio sairán os precisos pra trasladar o asilo, que son mil douscentos millóns. despóis ten que dar mil trescentos praos custos da construcción. pois despois de descontar eso, ainda quedan novecentos-mil máis, que non se sabe quén os leva. pero que tampouco importa quén os leve. o problema é que é a conta nosa.

xurxo souto: estamos a falar con tres integrantes do colectivo rua, colectivo de recuperación urbana e ambiental. están a expoñernos un problema grave que temos, digamos, diante do fuciño e as veces non somos quén de ver. un asilo, un edificio de uso social no centro da cidade, cun interés histórico, que vai desaparecer simplemente polo poder dos cartos. escoitamos unha repichoca, e logo vexamos as posibles soluciós, porque sempre hai camiños cara á esperanza. dedicado precisamente ós habitantes dese asilo, o noso clásico, pucho boedo.

(...)

xurxo souto: estamos a falar con tres compoñentes do colectivo rua, aquí, na tropa da tralla, con esa repichoca de pucho boedo, que decía válgame dios, porque o mundo anda do revés. o famoso, o fermoso asilo de anciáns de adelaida muro está a piques de desaparecer, un edificio de interés histórico, e sobre todo un edificio de interés social.

pepe novo: a piques, nada máis.

xurxo souto: a piques. pepe, cómo está a situación?

pepe novo: a situación é reversible, porque din as monxas que aínda non se vendéu a parcela, e inda que a vendesen sería reversible. o que ten que encontrar o concello, imáxínome que ten que ser o concello, é medios para que ese asilo poda ser restaurado, mellorado, ampliado, e seguirse usando como asilo.

joaquín saurin: la cuestión es que no se puede dejar en manos de las monjas esta labor. es una tarea muy importante que las administraciones están delegando en manos privadas. no hay que poner aquí a las monjas como la bestia negra del asunto. las monjas están llevando el asilo de una forma bastante justa, cobran en proporción a lo que el anciano de turno cobre, en proporción a su renta, a su pensión. pero la administración tiene que ser quién se haga cargo de esto, no pueden delegar de esta forma. la administración ha pasado de ejercer su función tutelar y ha dejado que el edificio se deteriore. no han puesto fondos públicos para dotar a la coruña de más plazas de asilo. al final las monjas tampoco tienen mucho más dónde escoger. no tendrán mucha capacidad económica para mejorar el edificio, o para mantenerlo, y la única solución que les queda es vender. aquí, quien es la bestia negra de este asunto, en realidad, es la administración.

xurxo souto: e as soluciós

joaquín saurin: muchas

xurxo souto: veña, imos expoñer as soluciós.

miguel reimúndez: as soluciós, sempre partindo de apelar á responsabilidade do concello no tema, pasan por... por exemplo, estudiamos unha serie de proxetos, que pode ser facer unha ala no punto de contacto da parcela... facer unha ampliación, porque necesítanse moitas máis plazas e non hai unhas condiciós de espacio suficientes prá xente que alí reside e... pódese construir unha ala de ampliación, e mesmo dotar do parque da horta do asilo, darlla ó barrio de monte alto, que tan necesitado está de parques. é a administración a que ten que poñer os cartos para iso, porque é un dereito asistencial que ten a poboación.

xurxo souto: creo que algúns de vos sodes estudiantes de arquitectura, se é que non sodes os tres.

pepe novo: eso é o de menos.

xurxo souto: é unha cuestión puntual, un tema sobre o que pasamos, e gustaríame preguntarlle a unha xente, se non experta, polo menos relacionada con este tema, a cuestión previa: por qué foi recalificado? por qué... cáles son os criterios para que un terreo que ten un uso público e social sexa recalificado?

pepe novo: por qué? ...

joaquín saurin: fue recalificado para robarnos lo que es nuestro. básicamente. esto, hasta hace unos meses, estaba clasificado como dotación asistencial privada. privada pero asistencial, al fin y al cabo. las dotaciones son propiedad del... del pueblo, digamos. una cosa es el derecho de uso y otra cosa es el derecho de propiedad. el derecho de propiedad, en este momento, es de las monjas. entendemos que el derecho de uso es nuestro. no pueden, apelando a su derecho de propiedad, librarnos de un derecho de uso que tenemos nosotros. entonces, para cargarse dos pájaros de un tiro... si incluso en el avance de este último plan general estaba como dotación. lo que pasa es que, al fin y al cabo, han permitido que se construyan viviendas y lo han eliminado del catálogo de edificio protegidos.

miguel reimúndez: o criterio é un criterio xeral de construcción da cidade actualmente, que é privatizar, desmembrar a rede de equipamentos que hai, e convertir todo o que é unha posibilidade de dotación, convertilo en mans privadas... por exemplo o tema que me apunta aquí joaquín, que foi bastante controvertido, que foi a destrucción do matadeiro, convertíndoo no hotel maría pita, ubicando un hotel de luxo no seu sitio; o colexio das esclavas, que se intentóu quitar pra construir vivendas e que, como houbo unha resposta popular, que é o cauce por dónde hai que levar estes temas, o alcalde non tivo máis "narices" que decir que non se quitaba o colexio das esclavas, porque se iban construir vivendas de luxo tamén alí. eu creo que é un problema dunha idea de cidade que ten o concello de convertir o centro da cidade nunha residencia de luxo para xente que pode comprar pisos a trinta e cinco millós de pesetas, que é o que van cobrar por estes.

sofía de labañou: de todos modos eu creo que está moi ben informarse e esperar que a xente teña unha resposta boa a base de información. porque cando fora o paseo dos puentes creo que eses terreos estaban cedidos ó axuntamento por unha señora que non tiña familiares e deixouno pra construir vivendas sociáis. despóis de pasado certo tempo eso pódese revocar, ou prescribe ou...

pepe novo: ignorar.

sofía de labañou: ...algo así, prescribe, e vendeuse a constructores eses terreos. entonces eu creo que eso pasóu precisamente por falta de información. está ben que abramos as orellas e escoitemos o que pasa.

pepe novo: falando de información, gustaríanos darvos unha dirección dun foro que temos aberto en internet, en vieiros, non sei se o coñecedes. as tres uves dobles, vieiros punto com, barra foro punto a ese pe, pecha interrogación, e maiúsculo de igual oito.

xurxo souto: non sei se os é un pouco difícil...

pepe novo: queda aquí por se a alguén lle interesa.

xurxo souto: repíteo, por favor.

pepe novo: si. vieiros punto com, barra foro punto a ese pe, pecha interrogación, e maiúsculo de de dinamarca igual oito.

xurxo souto: estamos na tropa da tralla co colectivo... presentamos ó colectivo rua, e vemos cómo este problema da posible desaparición do asilo de anciáns da rúa adelaida muro é só a punta dun iceberg, o iceberg das persoas fronte ó poder dos cartos, e vemos cómo tradiciós inmensas, que neste caso xa son centenarias, dun uso social, pode desaparecer directamente debido ó problema, e á cuestión e ó peso do diñeiro. a única solución é a mentalización e a acción das persoas, a acción social. dahí que demos os nosos parabéns á existencia deste colectivo e animemos á xente toda que se integre e que participe con vós. decide.

miguel reimúndez: hai unha cousa que é fundamental, que nos pode falar un pouco joaquín porque coñece o tema, que é cómo encauzar a protesta popular neste tipo de temas.

joaquín saurin: entendemos que quien está aquí autorizado, moralmente y en todos los sentidos, para representar la voluntad popular, son las asociaciones de vecinos. nos consta que las asociaciones de vecinos, en general, están intentando ser cada vez más representativas de los intereses o de la voluntad de la gente que vive en cada barrio, y la movilización de la gente que vive en cada barrio tiene que ser a través de las asociaciones de vecinos. esto enfrentado a cualquier tipo de maniobra especulativa o política, como puede ser por parte del ayuntamiento o por parte de los promotores.

miguel reimúndez: estás cousas, se contan con un apoio popular, como contabamos do colexio das esclavas, páranse. non hai problema, vamos, non... se hai unha resposta cidadá abundante, párase o tema.

xurxo souto: pepe, xa pra rematar, qué novas acciós estades a emprender?

pepe novo: aparte da do foro, estamos intentando mentalizar... a asociación de vecinos de monte alto penso que ten que xogar un papel clave aquí. e falar coa xente, según andas polo barrio falar do tema, é o principal, que se fale del.

xurxo souto: juan, perdón, joaquín.

joaquín saurin: y estamos llevando un trabajo, o empezando a llevar un trabajo en la zona de la pescadería y ciudad vieja, también luchando contra este entender que la ciudad es un negocio, y que va en contra de los intereses de sus vecinos. no puede ser que la gente se vea expulsada del lugar dónde ha vivido toda la vida para tener que irse fuera de su ciudad porque hay unos intereses económicos detrás, y para que venga a vivir al centro la gente que tiene pelas nada más.

pepe novo: estase pasando de tratar a vivenda como mercancía a tratar a vivenda, ás persoas, ós anciáns como mercadurías.

xurxo souto: miguel, xa para despedirnos.

miguel reimúndez: decir que estamos á vosa disposición, que estamos abertos a que a xente se apunte á movida esta, non só ó tema do asilo dos anciáns, senón que é un tema xeral da cidade. que a xente que esté preocupada por esto que faga propaganda nos bares, na súa casa, ca familia e que esto se pare.

joaquín saurin: y que nos llame.

miguel reimúndez: que nos chame, claro.

pepe novo: querería dar tamén o noso enderezo de correo eletrónico, que é colectivo rua arroba escea punto com.

xurxo souto: e o teléfono? recordámolo?

pepe novo: nove oito dous sete...

joaquín saurin: no

miguel reimúndez: non

xurxo souto: a ver...

miguel reimúndez: seis dez nove oito vintesete trinta e sete.

xurxo souto: colectivo rua, o poder das persoas, o poder da xente, o poder da rúa, insisto, frente ó poder do diñeiro. nós seguimos sendo románticos e seguimos reivindicando esa forza maravillosa, aquí, na tropa da tralla. imos con outro clásico, mi madriña. acaba o verán, outra vez pucho boedo e unha grabación do sesenta e dous cos tamara. fala das sardiñadas.

Colectivo R.U.A. de Recuperación Urbana e Ambiental.


principal presentación infravivenda asilo feáns prensa enlaces contacto