A importancia do edificio do Asilo de Anciáns como parte fundamental do Patrimonio Arquitectónico e Cultural Galego en xeral e coruñés en particular, adquire a súa auténtica dimensión so referido a un espacio e a un tempo especialmente significativo no proceso de construcción da Galicia urbana.
A construcción dun edificio destas características na segunda metade do XIX emplazado naquel momento unha posición periférica da estructura urbana, sitúanos nun tempo no que na paisaxe urbán das cidades galegas comezan a emerxer os Monumentos civiles. Teatros, mercados, escolas, matadeiros, hospitais, asilos, cárceres, estacións de Ferrocarril, xunto cos edificios institucionais (Palacios Provinciais nas Cidades-Capitais, Casas Consistoriais Municipais etc...) constitúense en temas fundamentais de reflexión no proceso de formación e consolidación das modernas tipoloxías arquitectónicas.
O triunfo da Revolución liberal pon os instrumentos do poder nas mans dunha burguesía que manifiesta a súa vontade de dar unha resposta 'moderna' as necesidades dunha sociedade urbana que aumenta a un ritmo descoñecido ate ese momento.
A racionalización do espacio urbano correspóndese no campo da arquitectura os estudios de especialización tipolóxica dos edificios protagonistas da nova 'monumentalidade'.
O ocio, o comercio, a educación, a sanidade, a asistencia social, a represión, o transporte, etc... aparecen como temas que xunto co instucional teñen deixado exemplos significativos dun novo xeito de comprender a cidade, no que os equipamentos civiles pasan a converterse en referentes da nova 'urbanidade'.
Un xeito de comprender o papel da arquitectura, que non nos é extraño no momento actual, no que con outras linguaxes e con outras técnicas unha sociedade democrática se 'representa' nas arquitecturas dos novos equipamentos á escala das grandes cidades metropolitanas nos palacios de congresos, cidades da cultura, grandes estacións ferroviarias, ou á pequena escala nos edificios dotacionais de dispensarios médicos, bibliotecas, polideportivos etc.
Ao extraordinario valor simbólico daqueles edificios prototípicos, engádese o interese específicamente arquitectónico en tanto que referentes que nos permiten entender a súa fundamental aportación a formación e consolidación do concepto de 'Tipoloxía arquitectónica' moderna.
É soio situando o edificio do Asilo de ancianos no contexto socioeconómico e cultural que fai posible a iniciativa civil e a creación proxectual como podemos comprender a excepcional importancia do inmoble na historia da construcción da Coruña moderna.
Un clima cultural e político no que se produce unha aproximación pluridisciplinar ao feito arquitectónico e ao feito urbano que influirá decisivamente no diseño dos edificios e dos principais elementos urbanos.
Médicos-hixienistas, pedagogos, arquitectos, enxeñeiros, botánicos, confluen no diseño dos tipos edificatorios, sexan estes edificios sanitarios, docentes, asistenciais, comerciais ou lúdicos.
Esta aproximación desde a especialización e co concurso de especialistas aos diferentes, equipamentos públicos colectivos leva consigo unha tendencia ao illamento e autonomía do edificio. E de ahí a súa conversión nun tema abstracto ao marxe do contesto: Definense prototipos, definición que conleva unha tendencia a transformarse en modelos, modelo que é indiferente ao espacio, ao lugar concreto que ocupa.
É o momento en que se dan as millores realizacións civiles da cidade da Coruña, algunhas delas lamentablemente desaparecidas: Instituto Eusebio da Guarda, Escolas da Guarda, Teatro Principal, Diputación Provincial, Teatro Circo (derribado), Cuartel de Infantería, Hospital Militar, Mercado-Praza de Lugo (derribado), Dispensario antituberculoso, Asilo de Ancianos, Matedeiro (derribado), Cárcel Provincial, Casa Consistorial etc... Todas as que se manteñen, están incluidas no Catálogo de Edifios e Conxuntos polo seu valor referente culto dunha nova maneira de construir a cidade... ¿Todas?.. Excepto o Asilo de Ancianos.
A excepcionalidade dimensional do edificio do asilo, a súa composición palaciega á maneira das edificacións Georgianas, a súa conscientemente buscada monumentalidade na fachada principal fronte a utilización da gran galería acristalada na fronte sur sobre a ensenada do orzán, a disposición volumetrica dos pabellóns adosados a un e a outro lado do volumen da capela, como centro dunha construcción que pon en evidencia os valores de caridade cristiana que animan aos seus promotores...
O asilo de ancianos de Adelaida Muro e de Juan de Ciórraga resulta así unha peza insustituible á hora de comprender a historia da arquitectura do noso país e a historia urbana da cidade da Coruña.
O feito de ser unha peza única da cidade dentro da categoría tipolóxica arquitectónica asistencial e unha das escasas mostras destas características no conxunto de Galicia, son argumentos que considero suficientes para a súa protección por parte das Administracións competentes na defensa do Patrimonio Arquitectónico e Cultural do noso Pais.
Colectivo R.U.A. de Recuperación Urbana e Ambiental.